Hotel Casa Bernarda | Hoteis - Casas rurais con encanto en CorcubiónHotel Casa Bernarda

Reservas

Antes de encher este formulario, por favor le as condicións. Se estás de acordo, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo coa maior rapidez.

Os datos enviáronse correctamente.
Contactaremos contigo o antes posible.

Disponibilidade

Lectura:
Días libres
Días ocupados

Habitación Ber

Agosto de 2019
LMMJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Habitación Rous

Agosto de 2019
LMMJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Habitación Andri

Agosto de 2019
LMMJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Condicións

PREZO

O prezo do aloxamento será por noite ocupada. No prezo inclúese os gastos de auga, electricidade, gas, sabas e toallas.

RESERVAS

A petición ou recibo de información sobre o estado de Dispoñibilidade da Casa en Aluguer, non implica a aceptación da Reserva por parte da casa. No momento de realizar a reserva o cliente deberá depositar o 50% do importe do aluguer solicitado non considerándose a reserva en firme ata efectuar o devandito depósito. Unha vez recibido o Depósito, a Reserva quedará formalizada definitivamente e o cliente recibira a confirmación.

O saldo restante deberá aboarse á entrega das chaves. No caso contrario, a organización dará por cancelada a reserva. Unha vez depositado o 50% e xa confirmada a reserva por http://www.casabernarda.com, vía telefónica, considérase a reserva en firme e aplicaranse os gastos de anulación en caso de cancelación polo cliente.

PRESENTACIÓN

Segundo o artigo 17.2 do Decreto 18/1998 do 5 de marzo, o dereito á ocupación do aloxamento comezará, salvo pacto en contrario, ás 17:00 horas do primeiro día do período contratado e o prezo dos aloxamentos será por noite ocupada. No prezo inclúese os gastos de auga, electricidade, gas, sabas e toallas.

DOCUMENTACIÓN

Todos os usuarios, sen excepción, deben levar en regra a súa documentación persoal e familiar correspondente, sexa o pasaporte ou D.N.I., segundo a nacionalidade do visitante.

ANULACIÓN DA RESERVA POR PARTE DA ORGANIZACIÓN

Por situacións de causa maior podería ser necesario cancelar unha reserva. Nestes casos, o importe da reserva será devolto na súa totalidade.

ANOMALÍAS OU DEFICIENCIAS

As irregularidades e/ou deficiencias que o cliente poida encontrar na propiedade alugada deberán ser comunicadas, o antes posible e sempre durante a estanza, a propietaria que solucionará en breve prazo calquera anomalía ou deficiencia e, mesmo sempre que as causas aducidas sexan comprobadas como certas. Toda reclamación efectuada despois de abandonar a propiedade non poderá ser atendida por carecer dos máis elementais criterios que puidesen tramitar a reclamación.

O cliente de todo aloxamento en zona rural, acepta que pola especial filosofía de funcionamento destas e o condicionado das zonas nas que ás veces se encontran, a atención ao cliente aloxado antes casos de circunstancias imprevistas (problemas climatolóxicos, cortes de luz, etc) puidera non ser inmediata. É por isto que se informa o hóspede que este tipo de casas a diferenza dun hotel, non dispón de servizo de atención durante as 24 horas, aínda que sempre se tratará de dar resposta o máis rápido posible ante calquera circunstancia imprevista.

En caso de eventos excepcionais (terremotos, folga, guerra, tormenta, etc), se o hóspede non puidese gozar do seu cuarto, reembolsaráselle a reserva efectuada ata un máximo do 75%.

RESPONSABILIDADE DA ORGANIZACIÓN

http://www.casabernarda.com é responsable da correcta información da propiedade ofertada, da dotación indicada e da súa precisa situación.

RESPONSABILIDADE DO CLIENTE

É responsabilidade do cliente deixar a propiedade no mesmo estado no que a encontrou, respondendo de todos aqueles danos e menoscabos producidos pola acción neglixente. Así mesmo, é responsabilidade do cliente axustarse en todo momento ao número exacto de ocupantes con que efectuou a reserva. Baixo ningún concepto aumentará o número de persoas máximo reservado; este feito permitirá ao propietario ou encargado a execución das medidas pertinentes (cobramento supletorio ou desaloxo).

Calquera dano causado polo cliente durante o uso da casa, pagarase separadamente polo cliente.

OUTROS

A organización non se fai responsable cara a ningún cliente de calquera perda, dano, anulación ou calquera gasto adicional sufrido polo cliente, ou de calquera causa que escape ao control da casa.

Os animais só se aceptarán se existise acordo previo, entre o hóspede e a organización.

Non se permite sacar das casas utensilios, roupa de cama, mantas, etc.

A habitación entregaráselle ao hóspede en perfectas condicións de uso e limpeza. A limpeza posterior, durante a estanza do hóspede, será a cargo deste.

ACEPTACIÓN DESTAS CONDICIÓNS

O feito de tomar parte no produto ofrecido, supón a expresa aceptación por parte do cliente de todas e cada unha das Condicións de Aluguer.