A Casa
Hotel Pensión rústica Casa Bernarda está situada na vila histórica de Corcubión, á beira da ría do mesmo nome. Un dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte debido á conservación do seu patrimonio arquitectónico tradicional e á súa localización privilexiada, próxima ao Monte Pindo, a Cabo Fisterra e a numerosas praias, como o areal Do Rostro, que se encontran entre as máis espectaculares de Galicia.
O edificio, unha escola restaurada do século XIX de granito encalado e elegante planta rectangular, está situado na mesma praza onde se alza a igrexa románica de San Marcos, patrón da localidade, e lugar de paso do Camiño de Santiago no seu tramo Cee-Fisterra. Mentres as ventás exteriores se abren a este ámbito, con vistas ao pobo e ao porto, as traseiras asómanse a un belo xardín interior.
Tanto as habitacións coma os espazos comúns son amplos e confortables, e están nobremente decorados con mobles e pezas artísticas antigas e contemporáneas.
O aloxamento básico, apto para 3/4 persoas, consiste nunha suite con baño e un dormitorio sinxelo, pero pode ampliarse segundo as necesidades.